sábado, noviembre 18, 2006

Intercontos


Aquí vos propoñemos a mesma actividade. Imos facer un conto entre todos. Trátase de continuar o conto a partir das aportacións dos anteriores.
Lembrade que:
1) Teñen que ser máis de 3 liñas e menos de 10
2) Non se permiten expresións ofensivas e/ou malsonantes
3) PAra facelo tes que:
a)Clic en "post a comment"
b)Escribir en "haga su comentario"
c)Clic en "otros" dentro de Elegir identidad
d)Clic en "Publicar su comentario"

¡Ánimo e... a escribir!
http://centros.edu.xunta.es/ceipportofaro

12 comentarios:

Anónimo dijo...

MISTERIO NA BIBLIOTECA
Ola, chámome Iria e teño catorce anos. Xa estou no instituto e de momento todo vai moi ben. Vivo nunca pequena vila que se chama Candre, moi perto da capital da provincia. Pero agora non quero falarvos do presente máis ben quero contarvos unha historia que sucedeu hai catro anos, cando aínda estaba no colexio…
O meu cole era bastante grande, con moitos nenos e nenas e moitísimas clases e despachos. De feito, era coma un laberinto con rampas, escaleiras, portas que dan a dúas habitacións… Naquel momento aínda non tiña lido a Harry Potter, pero hoxe penso que se parece un pouco á Howarts.
Alí estabamos, na clase de 4º D a miña panda de amigas: Isabel (Isa ), Roi (aínda que case todos o chamabamos “Pecas” ), Alessandra, Nilo e eu. Todos -menos Nilo- éramos compañeiros desde infantil de 4 anos e ademais vivíamos moi cerca polo que tamén nos veíamos no parque ou quedabamos nas casas dun ou doutro.
Nilo chegara o curso pasado. Viña doutro país e enseguida nos caeu ben. Tiña unha fala suave e pausada e cambiaba algunha letra (creo que é o ce). Algúns nenos rían cando el lía en alto e iso á profe non lle gustaba nada. Non pasou moitas veces porque cando os demais nenos viron que se incorporaba á nosa pandilla deixaron de rirse del.
Pero abonda xa de presentación. Vouvos contar o que sucedeu aquel extrano curso do 2002.
Todo empezou en novembro, cando a biblioteca se pechou por culpa dun inventario especial e lémbrome perfectamente pola data:11-11-2002. Estabamos no patio xogando á comba pegados ás ventás da biblioteca cando Isa parou de saltar. A corda golpeóulle na parte de atrás da cabeza, pero nin se queixou, non era quen de articular unha palabra. Só levantou o brazo e sinalou ó frente, cara o interior da biblioteca.
-¿Qué pasa?,-preguntou Ales.
Pero Isa non falaba, seguía apuntando á ventá e balbuceaba algo que non conseguíamos entender.
Por fin todos nos xuntamos e pegamos a cara á ventá poñendo as mans xunto ás orellas e pegadas ó cristal para evitar o contraluz e alí o vimos. Roi pegou un berro e deu un salto cara atrás.
-¿Que, que, que é iso? .
Todos nos retiramos e nos miramos sen decir nada…

Anónimo dijo...

...Aquelo era unha cousa rara, con forma de libro, pero era xigante máis grande ca eles. Todos pensaron que era un...

Anónimo dijo...

...instrumento moi extrano. Tiña unha especie de porta na parte de diante e aínda que so estaba entreaberta, dela saía unha claridade moi intensa. Deixamos definitivamente o xogo e fumos a un recuncho tranquilo onde os pequenos non nos molestasen. Todo parecía tranquilo, semellaba que so nós nos deca´taramos de que algo incrible estaba a suceder dentro da Biblioteca.
Por fin Pecas conseguiu articular palabra:
- Iria -dixo, mirando para min. Temos que facer algo. Hai que averiguar que é o que está pasando aí dentro.
Eu, que aínda non me recuperara completamente do susto, contestei:
- Si, si, pero pode ser perigoso.
Non rematara a frase e Pecas xa estaba tirando de min cunha man e arrumbando coa outra a Nilo en dirección a parte traseira onde estaba a antiga porta que deixara de usarse o ano anterior. Polo camiño as pulsacións ían acelerando. Parecíame que os demais poderían escoitalo. Chegamos á porta e Pecas botou a man á manilla mentras os demais o mirábamos admirados polo seu valor e decisión. A manilla se moveu cun chirrido de óxido e misterio e de seguido a porta cedeu deixando unha rendixa pola que fumos pasando en fila india.
Agora a luz víase mellor. Non se podía mirar directamente e tamén había un ruido de fondo, grave, monótono e un tanto molesto. Era coma un zumbido eléctrico que de vez en cando se interrumpía coincidindo co chisporroteo da luz.
- ¡Veña, hai que entrar! -dixo Roi.
Naquel momento arrepentinme daquel xuramento que fixeramos ao comezo de curso:"Xuntos ata o final". Xa non había volta atrás e detrás de Roi entramos da man Isa e eu e Nilo e Ales.

Anónimo dijo...

Cando entramos o zumbido eléctrico escoitábase cada vez mais. Alí estaba un artefacto e un home que miraba estupefacto aquela luz intentando averiguar o que era aquelo.O home tatexaba -¡Comomo popoden traer estee obxecto tantán perigoso a unha escola de nenos!.
O obxecto disque era unha máquina nova e moi especialísima das historias dos libros. Metíaste nela para coñecer os personaxes e as aventuras dos libros, ¡guau!

Anónimo dijo...

Esta especialísima máquina poñía unha condición a todo aquel que se metía nela, a condición era a seguinte: si te metías nunha aventura a tiñas que rematar para poder saír.
Roi, Isa, Ales e Nilo introducíronse e de súpeto, como por arte de maxia, o motor arrancou desenfreado e os nenos caeron nunha historia diferente, eles querían ir xuntos , pero as aventuras nos libros hainas que recorrer un só.

Anónimo dijo...

Nilo foi a parar á aventura dos muíños de vento de “don Quíxote da Mancha”. Alí Nilo veu como don Quíxote ía galopando cara un muíño de vento apuntándolle coa súa lanza, mentres Sancho berraba como tolo, dicíndolle ó seu señor, que aquelo non eran xigantes, senón muíños de vento. Nilo estaba abraiado do que acontecía, os seus ollos non pestanexaban, aquelo era moi emocionante.
Cando don Quíxote saíu rodando polo chan, Nilo correu a axudarlle, levantouno e tamén axudouno a montar no seu cabalo Rocinante. En agradecemento don Quíxote nombrou a Nilo “O cabaleiro do branco corazón”

Anónimo dijo...

Mais tarde, o“cabaleiro do branco corazón”, e dicir, Nilo atopouse ca mísmisima aventura do “Yelmo de Manbrino”. Cando don Quíxote pensou que o humilde barbeiro que levaba na cabeza un prato de oxalato que usaba para remollar as barbas, pois chovía moito, era un cabaleiro andante que tiña posto un casco marabilloso que o facía invencible.Todos acabaron polo chan,e Nilo co yelmo de manbrino na cabeza

Anónimo dijo...

Isa caeu nunha historia de piratas, nada menos que no conto de “Simbad el marino”. O barco naufragara e Simbad e Isa chegan a unha praia chea de esmeraldas, rubís,e outras pedras preciosas que se poden imaxinar. Despois da praia, e entre as herbas e arbustos en estado salvaxe, atopábanse ocos por onde saian serpes cas súas linguas todas botadas para fora. Simbad e Isa agocháronse no burato dunha rocha, o que pasou logo é para outro día.

Anónimo dijo...

Nilo, totalmente desorientado, apareceu tamén nun barco, era a historia “ Viaxe o centro da Terra”. Preguntou a onde se dirixía ese barco , un mariñeiro díxolle que ían a Irlanda. Nilo coñece no barco a un científico e o seu sobriño que falan dunha expedición ó centro da Terra, e Nilo decide unirse a eles. Chegados a Irlanda, Nilo, o doutor e o seu sobriño diríxense a nunha montaña onde atopan un cráter. Os tres descenden polo cráter baixando con axuda dunha corda. Nilo tiña un pouco de medo, pero non o quería recoñecer. O Chegar abaixo encontraronse tres tuneles...

Anónimo dijo...

Roi caeu nun conto que non coñecía.Estaba no bosque.
- Que raro, este é o bosque da imaxe do libro de texto-.Pensou con estrañeza, de repente lembrou que Isa escribira un conto sobre este bosque, pero non sabía que contaba.
Camiñou ata unha casa chea de madeira que atopou entre árbores,petou e viu un neno de uns trece anos de pelo marrón, roupas grises e que levaba unha gorra.
Escoitou unha voz dunha persoa vella que dicía:
-¡Dille que pase!- dixo a persoa.
-Si avoa, si!-respondeu o neno
-¿Cómo te chamas?, eu Cristian, perdoa pasa-
- Eu Roi,grazas-
A avoa díxolle ao neno que fora a buscar leña.
-Vou eu tamén a axudar-
E caso é que andando, andando en busca da leña, Cristian e Roi chegaron ata o centro de catro túneles que o parecer eran polos que caeramos.

Anónimo dijo...

Os cinco túneles eran moi resbaladizos.
-Estes son os cinco túneles polos que caemos ¿non?-dixo Roi
Iria dixo -Eu creo que si, ¿teremos que volver a completar as historias?-
-Tes razón- dixo Isa
-¿ E se buscaramos algo novo que non viramos antes?-dixo Nelo
Escoitaron uns ruídos como os que sentiron na biblioteca, foron buscar o ruído que parecía que viña da parede...
Ales como era moi pillan foi tocar a parede e apareceu unha porta vella, abriuse dun golpe e apareceu un novo mundo.

Anónimo dijo...

E abriuse unha porta e dixo Roi-¿ Isa ,non é a biblioteca?. E todos emocionados entraron pola porta. Pero de súpeto a biblioteca do colexio que viron transformouse nun pantano. O pantano era escurísimo cunhas árbores que daban medo.
Ales dixo- ¡ Corramos para diante, seguro que atoparemos a porta da saída!-.
E todos empezaron a correr a toda pastilla e berrando coma tolos ata que de súpeto apareceu unha vella e díxolles-¡ Se queredes ir ata a saída, so tedes que ir un pouco mais adiante, pero tede moitísimo coidado, podedes morrer!-
Os nenos asustáronse moito e seguiron o seu camiño. Mais tarde, cansos de tanto camiñar descansaron e déronse conta de que a vella mentíralles.
Morrían de fame, e empezou a chover, pero non era unha choiva calquera, era ácida. Nilo coma era de moi bo corazón sacou a súa roupa para cubrir os seus amigos, de novo botáronse a correr todo o que puideron e ao fin atoparon unha porta cun letreiro que dicía”Se entras por aquí, chegaras a biblioteca”. Nese instante sen pensalo dúas veces, abriron a porta e ¡sorpresa! Apareceron todos na biblioteca do seu colexio.
Moi ledos por estar de novo no mundo real, xuraron ser amigos para sempre e lembrar o acontecido na biblioteca coma a mais marabillosa aventura da súa infancia.